Asociarse no contexto da Asociación na nosa loita por unha calidade da Saúde Mental debido a que segundo a Organización Mundial da Saúde di que, 1 de cada 4 persoas sofren ou sufrirán un problema de saúde mental. Así como un de cada catro persoas na actualidade recoñecen sufrir ou estar a sufrir acoso tanto escolar como laboral como moitas outras problemáticas nas que se esconde moito estigma e mesmo tabú social pero vivímolas no día a día e somos conscientes da axuda que actualmente se require.
Ao que ao suicidio refírese, facemos moito fincapé que é importante tamén unirse a esta organización para colaborar na prevención do suicidio e promover a saúde mental como non. Ao asociarse, tense a oportunidade de participar en actividades, eventos e programas destinados a concienciar sobre este tema tan importante. Úneche a nós e xuntos traballemos por un mundo sen suicidios! Non podemos esquecer que Galicia por desgraza, lidera a taxa nacional de suicidio con 1 suicidio diario ao que hai que sumar que detrás de cada suicidio, mínimo hai 8 vítimas directas a nivel familiar, sen ter en conta o social e que de cada suicidio consumado, hai 18 tentativas na nosa comunidade así como noutras e moitas desas persoas que o tentan, se non loitamos por axudarlles, desgraciadamente, acabasen consumando o acto que tentaron, polo que ao ano en Galicia aproximadamente tentan quitarse a vida máis de 6.000 persoas.
AYUDANOS A AXUDAR!
©Derechos de autor. Todos los derechos reservados.
Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones
Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.